CarNadal, CarNadal...

Dominio Público Praza Pública

O blog Se o vello Sinbad tivese fillos, o máis visitado durante 2014 no Obradoiro de Praza, fai tres anos polo Entroido

A tan só catro puntadas (sic) de rematar o meu disfrace, un virus implacable deixoume inmobilizado na cama desde o vernres ás 4 da tarde ata onte ás 7 da mañá. E a Violeta o mesmo, aínda que os seus disfraces xa estaban listos. Á pobre de Elvi, coma sempre, tocoulle aguantarnos. Porque aínda que ela dicía que tamén lle doía un pouco a cabeza, eu estou seguro de que as nais teñen algún tipo de poder sobrenatural que fai que non enfermen en casos coma o desta finde porque, de terse posto mala ela tamén, estariamos sen comer, sen beber, sen lavar e, probablemente, a estas alturas, os gatos do barrio xa estarían forzando as ventás para entrar na casa a devorarnos.

Hoxe parace que estamos un pouco mellor, aínda que non sei se teño corpo para andar pasando frío pola rúa. Que eu xa non me vou disfrazar este ano téñoo claro, pero dáme pena por Violeta, que a pobre vese tan feliz que haberá que poñerlle algo aínda que só sexa para levala á pediatra.

E si, amigos, parece que oficialmente o Entroido xa se instalou en todas as localidades de Galicia, aínda que en Vigo, máis ca Entroido, deberiamos chamarlle CarNadal, porque o noso alcalde decidiu que era unha boísima idea deixar a iluminación de Nadal dalgunhas rúas un par de meses máis... Seguir lendo en Se o vello Sinbad tivese fillos

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.