Galicia está en festa! Entre o luns e o mércores case 200 localidades celebrarán un dos seus festivos locais. Xa este luns de entroido é non laborable en nove concellos (Arzúa, Burela, Monfero, Quiroga, Sarreaus, Toques, Tui, Vilariño de Conso e Vilarmaior). Aínda que o día grande chegará, por suposto, o martes de entroido, no que non se traballará nun total de 168 localidades, máis da metade do país. O martes é festivo local en catro das sete cidades (Ferrol, A Coruña, Lugo e Ourense) e na maior parte das provincias ourensá e lucense, así coma na parte septentrional da provincia da Coruña.
Finalmente, o mércores de cinsa será festa nun total de 19 lugares (A Pobra do Brollón, Ares, Castrelo do Val, Celanova, Cualedro, Fene, Laza, Marín, Narón, Neda, O Grove, Oímbra, Outes, Ponte Caldelas, Pontevedra, Verín, Viana do Bolo, Vilanova de Arousa e Vilardevós). Monfero e Vilarmaior son os únicos que repiten festivo (luns e martes).