Chega a primavera ao Barrio de San Pedro!

O barrio de San Pedro é un dos máis activos de Galicia Dominio Público Praza Pública

Un ano máis a Comisión de Festas do Barrio de San Pedro organiza a Feira da Primavera, que este ano ten por principal novidade a ampliación a toda a rúa dos Concheiros, que se unirá ás rúas e espazos habituais: Rúa de San Pedro, Cruceiro de San Pedro e Praciña de San Pedro. Desta maneira, duplícase a capacidade da Feira que chega aos 210 postos que, sumados aos establecementos do barrio, suman máis de 300 postos e terrazas.

Este ano duplícanse tamén as actividades paralelas á Feira, cunha importante programación, onde destacan os maios, a sesión vermú, o concerto de Xerock e os tres concertos da noite que financian -por vez primeira- os bares e restaurantes do Barrio (Magnifique Bande dos Homes sen Medo, O Sonoro Maxín e a Compañía do Ruído). 

Praza Pública contará cun stand de seu preto do Cruceiro de San Pedro. Poderánse mercar camisolas e tamén facer achegas para converterse en socio do xornal.

 

 

Programa da Feira 2013

12:00 Construción dos Maios (Praza 8 de Marzo)
Pasarrúas: Art-monium (Rúa de San Pedro)
Pasarrúas: Coro Cutún (Rúa Concheiros)
Visita guiada ao Museo do Pobo Galego. Exposición de Mapas Antigos de Galiza. (Praza 8 de Marzo)
13:00  Pasarrúas-regueifeiro: Triroliro (Rúa Concheiros)
Obradoiro: Danza para nenas/os. Espazo Aberto. (Praciña de San Pedro)
13:30 Sesión Vermú: O Sonoro Maxín (Rúa Concheiros)
Pasarrúas: Grupo de Gaitas da Xuntanza e Cabezudos (Rúa de San Pedro)
16:00 Concerto: Xerock (Praza 8 de Marzo)
Espectáculo Infantil: A Historia de Brancaflor (Praciña de San Pedro)
Pasarrúas: Oito nun piso (Rúa Concheiros)
Pasarrúas: A Magnifique Bande dos Homes sen Medo (Rúa Concheiros)
17:00 Procesión do Maio cos Tabernícolas (da Praza 8 de Marzo a Concheiros)
Mostra de Danza: Baile moderno e hip-hop. Centro Starben (Praciña de San Pedro)
18:00 Pasarrúas: Art-monium (Rúa de San Pedro)
Obradoiro: Danza para adultas/os. Espazo Aberto. (Praciña de San Pedro)
Espectáculo Infantil: A Historia de Brancaflor (Rúa Concheiros)
19:00 Pasarrúas: Coro Cutún (Rúa Concheiros)
Obradoiro: Tango. Espazo Aberto. (Praciña de San Pedro)
Obradoiro: teatro para nenas/os (No local de Espazo Aberto)
20:00 Pasarrúas: Art-monium (Rúa Concheiros)
Danza Oriental: As Feiticeiras (Praciña de San Pedro)
Astronomía na Beirarrúa (Cruceiro de San Pedro)
21:00 Concerto: A Magnifique Bande dos Homes sen Medo (Praza 8 de Marzo)
Concerto: O Sonoro Maxín (no principio da Rúa Concheiros)
Concerto: A Compañía do Ruído (no final da Rúa Concheiros)
23:00 Queimada-Popular: O Chamán do Baixo Miño (Rúa Concheiros)

O barrio de San Pedro é un dos máis activos de Galicia Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.