Colle o Vitrasa e ven á festa de Vigo... en Santiago

Cartaz da festa Dominio Público Praza Pública

Colle o Vitrasa de Santiago, ponte en plan "son de Vigo e non o nego", e ven á Festa de Vigo en Compostela

O 12 de xaneiro celébrase unha festa para vigueses e viguesas en Compostela. Será no pub Tarasca a partir das 21.30 e os seus organizadores animan a "sacar a viguesidade do armario". Haberá música de Vigo -que a hai, moita e moi boa- e de seguro que se mirarán cousas ben divertidas. Na presentación do evento chámase a "coller o Vitrasa de Santiago" e a "poñerse en plan son de Vigo e non o nego".

 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.