A comparsa da CIG-Autonómica Pres@s da crise percorreu, por sorpresa, o complexo administrativo de San Caetano cantando polos corredores unha letra retranqueira que denunciaba os recortes decretados polo presidente da Xunta. A comparsa estaba capitaneada polo Sr. Presidente da Xutna, Núñez Feijoo, guitarra en man, co hábito de monxe. Acompañábao ao seu carón o seu segundo, Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia, "que ía tomando nota dos traballadores "ociosos" e buscando onde máis poder recortar". Este levaba un cartaz que dicía “Alfonso Rueda, cambio dúas horas de entroido por tres días moscosos". Estaba tamén o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra. No seu cartaz viña escrito: “Este ten pasta (non é funcionario)". A comparsa contaba tamén co apoio da duquesa de Alba e o seu marido Alfonso Díez.
A comparsa musical e festerira descorreu por diferentes unidades administrativas animando e convidando aos compañeiros e compañeiras a cantar con eles; foron moitos os que se animaron e, unha vez quentadas as gorxas, foron bastantes os aplausos colleitados. Finalmente, a comparsa amenizou o remate da xornada laboral ao mesmo tempo que “@s ilustres pres@s da crise” instaban máis sacrificios aos empregados e empregadas públicas e que volveran para dentro do edificio e seguisen traballando.
Letra da comparsa
FRIJOLITO QUERE RECORTAR
PERO QUE O LEVE, QUE O LEVE A CORRENTE
E QUE LLE DIGA, LLE DIGA TODA A XENTE
QUE NON LLE IMOS DEIXAR RECORTAR (x 2)
QUITANDO ASUNTOS PROPIOS (que non, que non)
SE ENFERMAS XA NON COBRAS (que non, que non)
O F.A.S. VAI PRO CARALLO (que non, que non)
INTERINOS A DOUS TERZOS (que non, que non)
NON, QUE NON, QUE NON, QUE NON, QUE NON, QUE NON, QUE NON (x 2)
QUE NON LLE IMOS DEIXAR! (berrando sen música)
FRIJOLITO NON SABE GOBERNAR
E RECORTA, RECORTA A MOITA XENTE
E OS SERVIZOS PÚBLICOS QUE ENTENDE
SON OS QUE LLE VENDE, LLE VENDE AO CAPITAL (x2)
QUE PAGUE A SÚA CASA (que si, que si)
QUE POÑA SOFTWARE LIBRE (que si, que si)
RECORTE GABINETES (que si, que si)
QUITE ASISTENCIAS TÉCNICAS (que si, que si)
SI, QUE SI, QUE SI, QUE SI, QUE SI, QUE SI, QUE SI (x 2)
QUE TEN ALTERNATIVAS! (berrando sen música)
FRIJOLITO QUERE RECORTAR
PERO QUE O LEVE, QUE O LEVE A CORRENTE x 2
E QUE LLE DIGA, LLE DIGA TODA A XENTE
QUE NON LLE IMOS DEIXAR RECORTAR
QUE NON, QUE NON -- DEIXARLLE RECORTAR
QUE NON, QUE NON -- DEIXARLLE RECORTAR tod@s
QUE NON, QUE NON -- DEIXARLLE RECORTAR