Cambados é este 2017 Cidade Europea do Viño e, no marco da súa celebración, este sábado acolle un festival orientado ao público máis novo que complementa outro tipo de actividades culturais e enolóxicas realizadas ao longo de todo o ano arredor do albariño. Desde a apertura de portas ao mediodía, polos dous escenarios habilitados no Parque de Torrado para esta Festa Cidade Europea do Viño irán pasando sucesivamente os grupos Ghesgha, Emilio José e Os Indígenas, Familia Caamagno, Oh! Ayatollah, Disco Las Palmeras!, Kings of the Beach, Cápsula, Niña Coyote eta Chico Tornado, Belako, Presumido e DJ Brian Cross. Ademais, haberá actividades infantís e un mercadiño.
O Albariño Fest forma parte do circuíto de festivais das Rías Baixas que apoia a Deputación de Pontevedra e é o último deste verán
O Albariño Fest forma parte do circuíto de festivais das Rías Baixas que apoia a Deputación de Pontevedra e é o último deste verán, despois de PortAmérica, Cultura Quente, Revenidas, Atlantic Fest, SonRías Baixas, Sinsal, O Marisquiño e Vive Nigrán.
