O amor dos chineses

© Adriana Valiño

Esta cidade é bastante caótica, e ao final déixaste levar por ese caos. Polo menos é o que me está a pasar a min. Cada día crúzome con cousas que me gustaría fotografar para mostrarvos, pero o ritmo incansable no que se vive en Pequín non me deixa tempo a nada. Descubrín que si que é certo iso de traballar coma un chinés e que algúns llelo queren aplicar tamén aos estranxeiros (é o caso da miña xefa). Pero como quero facer unha entrada amable de China hoxe non me meterei con ella. Xa haberá tempo!

Dende que me mudei a este país estou moi pendente das diferenzas entre as parellas occidentais e asiáticas

Dende que me mudei a este país estou moi pendente das diferenzas entre as parellas occidentais e asiáticas. A verdade é que niso si que non me paran de sorprender as diferenzas culturais! Teño oído moitas historias que aínda non puiden confirmar, como o feito de que as mozas chinesas no verán (que xa fai que está asentado aquí) se dedican a secarlles a suor aos seus namorados. Se ben suar suamos todos aquí nos días de 35 grados, aínda non tiven a oportunidade de ver as amantísimas chinesas limpar a fronte dos seus mozos.

Tamén ao parecer son tan compracentes que fan de augadoras dos seus mozos. Se o mozo ten ganas dun refresco vai ser a moza a que, amablemente e servida dunha palliña, llo dea, e despois de que o mozo beba ten sempre un pano a man para limparlle a boca.

Pero non pensedes que os mozos non fan nada pola súa moza: unha das cousas máis comúns que podes ver no metro é os rapaces cargando co bolso da moza

Pero non pensedes que os mozos non fan nada pola súa moza: unha das cousas máis comúns que podes ver no metro é os rapaces cargando co bolso da moza. A verdade é que se dan situacións cómicas, bolsos hiperfemininos con chineses con cara de son todo un homazo. Eu penso que as mozas deberían comprar os bolsos de acordo co estilismo do mozo e non co seu, pero nada, non hai maneira. Os bolsos no mellor dos casos teñen un charón rosa cunha Hello Kitty no medio!

O colmo para min chega no punto no que as parellas deciden vestir do mesmo xeito. Os primeiros días miraba para eles sen ningún tipo de disimulo. Agora decidín tomarlles fotos para poder poñelas no blog!

O colmo para min chega no punto no que as parellas deciden vestir do mesmo xeito

Ao principio eu pensaba que soamente os noviños quererían ir vestidos da mesma forma, ensinado así ese amor tan profundo que se deben profesar. Pero que grande era o meu erro! Non soamente novos, senón parellas con fillos deciden vestir todos iguais ou polo menos na mesma gama de cores!

...

Le o resto do post en Gongbaojiding

© Adriana Valiño

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.