Manuela García Calderón é mestra de ensino secundario nun centro da Coruña e leva dous anos traballando neste complemento. Destaca que a idea xurdiu da súa propia experiencia, pois antes “levaba a bolsa de praia nunha man e a cadeira na outra”
A emprendedora ferrolterrá Manuela García Calderón vén de patentar un novo modelo de bolso que incorpora a particularidade de se converer nun respaldo reclinable para poder recostarse na praia e noutras superficies. O bolso, denominado Siesta, preséntase co lema "o apoio que necesitas, o descanso que mereces" e ademais de permitir trasportar os elementos necesarios para pasar unhas horas na praia ou no campo, ofrece a opción de se transformar nunha caste de cadeira pregable.
Manuela García Calderón é mestra de ensino secundario nun centro da Coruña e leva dous anos traballando neste complemento. Destaca que a idea xurdiu da súa propia experiencia, pois antes “levaba a bolsa de praia nunha man e a cadeira na outra” e salienta que Siesta “é o reflexo da idea de menos é máis”. A inventora subliña que a comercialización do produto "era un paso que precisaba dar: compartir como unha realidade o que no seu día foi simplemente unha idea que fun madurando co paso do tempo". "Hai que apostar por unha mesma e polos proxectos que te xorden”, engade.
A inventora subliña que a comercialización do produto "era un paso que precisaba dar: compartir como unha realidade o que no seu día foi simplemente unha idea que fun madurando co paso do tempo"
A bolsa ten un peso de 708 gramos e as súas dimensións son de 41 centímetros de longo por 32 de alto e 7 centímetros de ancho. Conta con petos interiores, peche de cordón, correa axustable e ombreira de coiro. O respaldo, fabricado con pranchas de policarbonato, resulta modulable a diferentes alturas para axustarse á inclinación desexada e dispón dun revestimento acolchado para acadar unha maior sensación de confort, destaca a creadora.
Siesta está confeccionada, ademais, cun tecido acrisol lavable en lavadora e está dispoñible en tres deseños de cores diferentes: beige, raias azuis-brancas e raias amarelas-brancas.
A inspiración, destaca Manuela García Calderón, xorde das casetas e toldos de raias multicolores para os bañistas que aparecen a comezos do XX; presentes na costa de Biarritz e noutros areais do norte de España e de Europa, que servían de cambiador e de protección fronte ao sol.
