O borrador prevé elevar ata 100.000 euros as sancións a que non limpe as franxas, duplicar a distancia de seguridade aos núcleos en zonas estratéxicas —de 50 metros a 100— e pon o foco no risco que supoñen as zonas interface urbano-forestal. A norma leva seis anos aparcada: o Goberno de Feijóo anunciouna por primeira vez en 2020 para remudar a do Goberno de PSdeG e BNG e o de Rueda presentouna outra volta en 2023