30 entidades buscan unha "axenda de actuación conxunta" no primeiro Encontro da Sociedade Civil Galega

Cartel do I Encontro da Sociedade Civil Galega © IPPDH

Dende o pasado mes de maio, ao redor de 60 entidades e colectivos do país están a participar nun proceso aberto que busca "pensar xuntas como tecer un futuro en común máis xusto e sostible para o noso territorio"

Dende o pasado mes de maio, ao redor de 60 entidades e colectivos do país están a participar nun proceso aberto que busca "pensar xuntas como tecer un futuro en común máis xusto e sostible para o noso territorio". Unha trintena destas organizacións reuniranse este sábado no Museo do Pobo Galego no I Encontro da Sociedade Civil Galega - Tecendo Futuro, no que continuarán os debates iniciados co obxectivo de "establecer unha axenda de actuación conxunta".

A actividade enmárcase dentro do proxecto Futuro en Común, e organiza a Coordinadora Galega de ONGDs.As xuntanzas telemáticas dividíronse en tres bloques: “Unha economía ao servizo das persoas e o planeta”, “Unha casa para todas” e “Unha democracia vizosa”, nos que se trataron cuestións relacionadas co medio ambiente, o rural, os dereitos, a inclusión, a economía alternativa, o desenvolvemento sostible e a igualdade. Pódese consultar a síntese de cada xuntanza e o resumo de todas as achegas neste enlace.

O Museo do Pobo acolle o encontro. Na imaxe, a xornada coa que Nova Escola Galega celebrou o seu 40 aniversario © NEG

O Museo do Pobo Galego acolle este sábado a partir das 11 a xuntanza

O encontro presencial deste sábado busca "ser un punto de partida e unha oportunidade para tecer redes e traballar conxuntamente na creación dunha axenda transformadora". A xornada comezará ás 11 horas e estenderase ata as 17 horas da tarde.

Organizacións participantes

As xuntanzas telemáticas dividíronse en tres bloques: “Unha economía ao servizo das persoas e o planeta”, “Unha casa para todas” e “Unha democracia vizosa”

  • REAS Galicia
  • aopaso
  • Plataforma veciñal mina Touro O Pino Non
  • Fundación Vicente Ferrer
  • Agareso
  • Coop57 Galiza
  • AlasRaices S. Coop.Galega
  • Fundación Roberto Rivas
  • Eo Alimenta
  • AGCT
  • SomosTerra S. Coop.
  • Mulleres Salgadas
  • Sindicato Labrego Galego
  • Amigas da Terra
  • Colectivo pola Renda Básica da Coruña
  • Rede para o Decrecemento
  • Teachers for Future
  • Manos Unidas
  • Entreculturas
  • Taller de Solidaridad

O encontro presencial deste sábado busca "ser un punto de partida e unha oportunidade para tecer redes e traballar conxuntamente na creación dunha axenda transformadora"

  • Solidariedade Internacional de Galicia
  • FEG (Federación Ecoloxista Galega)
  • ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
  • ARELAS
  • Provivienda
  • Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG)
  • Movemento pola Paz
  • SOS Racismo Galicia
  • AMINO Galicia
  • EAPN-Galicia
  • Enxeñería sen fronteiras (ESF)
  • Fundación Secretariado Gitano
  • Azos Feministas
  • Familia Educa – Fundación Amigó
  • Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS)
  • ONG AIRE
  • Mujeres negras que cambiaron el mundo
  • Médicos do mundo
  • Aventeira S. Coop. Galega
  • Colectivo pola Renda Básica da Coruña
  • Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia
  • Ecoloxistas en Acción
  • ALAS A Coruña, Movemento Pola Paz
  • Arquitectura sen Fronteiras
  • COGAMI
  • UNICEF Comité Galicia
  • Amnistía Internacional
  • Igaxes
  • Arraianas
  • Dereito a morir dignamente
  • Asemblea de Cooperación pola Paz
  • Faísca Consultora
  • Xornalistas Galegas
  • Médicos do Mundo
  • O Salto Galiza
  • Señora Placerful
  • InteRed Galicia
  • Comité Intercentros CRTVG
  • CCOO
  • Amnistía Internacional
  • GPUL: Grupo de Programadores e Usuarios de Linux
  • Fundación Terrum
  • Colexio de Xornalistas
  • Nova Escola Galega
  • Afetadas polo Turismo do Morraço
  • Sintrahocu (Sindicato de Trabajadoras del Hogar y de los Cuidados)

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.