O Instituto Nacional de Estadística (INE) publicou este luns unha estimación da poboación que revela que Galicia perdeu 12.258 habitantes no último ano, até os 2.720.243. Neste ano 2011 máis de 37 mil persoas emigraron dende Galicia a outras comunidades ou fóra de España. En total nos últimos dous anos ao redor de 37 mil persoas emigraron de Galicia, sobre todo a Madrid, Catalunya e Pais Vasco.
É un fenómeno que afecta sobre todo aos máis novos dende que comezou a crise económica: España perdeu 1.277.680 habitantes de entre 20 e 39 anos dende xaneiro de 2009
Nos últimos dous anos case un millón de persoas emigraron de España. Deles 117.523 naceran en España e 810.367 no estranxeiro. É un fenómeno que afecta sobre todo aos máis novos dende que comezou a crise económica: España perdeu 1.277.680 habitantes de entre 20 e 39 anos dende xaneiro de 2009. O ritmo de abandono das fronteiras españolas acelerouse neste 2012. Deste xeito nos nove primeiros meses de 2009 o número de españois que tomou a opción de emigrar nos primeiros nove meses aumentou un 21,6 por cento durante os primeiros noves meses do ano en comparación co mesmo periodo do ano anterior.