A Asemblea Cultural Galega de Barcelona celebra o seu primeiro aniversario

Cartaz do evento Dominio Público ACGB

O vindeiro 2 de marzo, sábado, a Asemblea Cultural Galega de Barcelona celebra o primeiro aniversario da súa existencia na Euskal Etxea da Cidade Condal (Carrer l'Arc de Sant Vicenç, 4).

Das 13.30 h ás 15.00 h, haberá un vermú musical organizado pola propia Euskal Etxea e ás 20.00 h comezará o concerto de Davide Salvado. Desta vez, Salvado ven acompañado de percusións tradicionais, como a pandeireta galega, o pandeiro cadrado de Peñaparda e o adufe portugués. Foi o cantante da formación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, integrante do grupo Ecléctica Ensemble e, actualmente, é unha das voces en A Banda das Crechas, ademais de actor e performer. Contará coa colaboración da cantante galego-palestina, Najla Shamin.

Este concerto está dobremente programado pois a Euskal Etxea conta con Davide Salvado na axenda da Korrika (correndo, en galego). Korrika é unha marcha reivindicativa en apoio ao euskera. O domingo, 3 de marzo, das 12 h ás 14:30 h, Davide impartirá unha aula de canto e pandeireta.

Cartaz do evento Dominio Público ACGB

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.