A Caravana a Gaza 2013 comeza en Rivas Vaciamadrid

Cartaz da Gala © Festiclown

Rivas Vaciamadrid acollerá o vindeiro 12 de xaneiro a Gala de circo para la paz en Palestina, organizada polo Festiclown, Pallasos en Rebeldía e o propio concello madrileño. Será o comezo da Caravana solidaria a Gaza na súa edición 2013, un conxunto de actividades para recaudar fondos en apoio a Palestina.

O Auditorio Pilar Bardem será o escenario no que se desenvolverá unha gala na que participarán Leo Bassi, Amparo Sánchez -Amparanoia-, Tortell Poltrona, Capitán Maravilla ou Wilbur, entre outros, e que será presentada por Pablo Superestar e Dimitri (Iván Prado). As entradas xa está á venda. Previamente, celebrarase una gala infantil na que actuarán Tortell Poltrona, Javi Javichy e Kanbahiota, entre outros. A cantidade recaudada coas dúas galas destinarase á celebración dunha caravana solidaria a Gaza en 2013.

O Festival Internacional de Clown de Galicia é un proxecto polo desenvolvemento do clown a partir da cultura e da participación cidadá. Organizou doce edicións en Galicia , unha en Palestina e outra en Wirikuta (México), coa participacións de centros de artistas (Leo Bassi, Jango Edwards, Pepe Viyuela, Claire...). En 2012 non puido levar a cabo o festival en Galicia ante a falta de apoio das administracións públicas.

Cartaz da Gala © Festiclown

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.