A CIG reclama na rúa outras políticas para loitar contra o paro

Manifestación da CIG en Compostela CC-BY-NC-SA CIG

Baixo o lema Sen emprego non hai futuro e na manifestación final da campaña de Cen medidas polo crecemento económico, a CIG reuniu este sábado en Compostela máis dun milleiros de persoas para exixir "medidas contra o paro" e reclamáronlle á Xunta que procure a reactivación da economía e "deixe de mirar para outro lado" mentres "boa parte da sociedade padecen situacións dramáticas".

"Queremos traballar e non emigrar", berraron os manifestantes convocados pola CIG

Con berros de "queremos traballar e non emigrar", os manifestantes convocados pola central nacionalista solicitan "outro tipo de políticas". Suso Seixo, secretario xeral da CIG, insistiu en que o emprego "é o problema fundamental de Galicia" e adveritu do grave risco de "exclusión social" que sofren moitos cidadáns.

Así, reparou tamén nos milleiros de mozos que emigran pola falta de traballo e destacou que os que quedan teñen que enfrontarse a "precarias condicións laborais e caída de salarios". "A sociedade debe reaccionar", reclamou, tras lembrar que as cen medidas presentadas pola CIG demostran que "hai alternativa" e que "é mentira" que non existan opcións máis aló da "austeridade e os recortes".

 Tal e como xa explicara, a CIG continuará coas mobilizacións para presentar esta proposta e promocionará unha ILP no Parlamento que espera que sexa aceptada. En canto aos Orzamentos presentados pola Xunta, Seixo criticounos porque "acentuarán o problema da flata d emprego" e por "non estar orientadas ao crecemento económico". "As contas traen novos recortes nos servizos públicos básicos, polo que non están destinados a favorecer os intereses da maioría social, senón os da banca e os dos especuladores", rematou.

 

 

Manifestación da CIG en Compostela CC-BY-NC-SA CIG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.