A Defensora del Pueblo vólvelle demandar ao Goberno que asegure a identificación dos axentes policiais

Dereitos Civís denunciou en varias ocasións axentes por non levar a identificación á que están obrigados Dominio Público Dereiros Civís

En agosto do 2011 o extinto MpDC iniciou unha campaña de denuncias contras a cargas policiais acontecidas en Madrid logo da visita do Papa, os 17 e 18 de agosto. A Defensora del Pueblo, Soledad Becerril, recolleu a denuncia e realizou unha recomendación de que se "adopte as medidas necesarias para que se poida identificar de forma inequívoca e sen dificultade aos funcionarios policiais, aumentando as dimensións dos números de identificación e situando os mesmos en varios lugares do uniforme". A recomendación foi aceptada en parte polo Ministerio de Interior, podéndose ver xa nas rúas a axentes con chalecos numerados para a súa identificación.

A Secretaría de Estado non aceptou a recomendación de aumentar o tamaño da identificación persoal, sinalando que "aumentar o tamaño do distintivo de identificación personal non resolvería os inconvenientes da súa visualización"

Porén, a Secretaría de Estado non aceptou a recomendación de aumentar o tamaño da identificación persoal, sinalando que "aumentar o tamaño do distintivo de identificación personal non resolvería os inconvenientes da súa visualización en situacións en que os funcionarios policiais se atopan en movemento e aquelas outras semellantes nas que, por necesidades de autoprotección e para o mellor desempeño das funcións que lle son propias, deben desenvolverse acompañados uns de outros, conforme ás técnicas policiais de intervención".

Recentemente a Defensora del Pueblo volveu insistir en reclamar que se aumente o tamaño das identificacións persoais das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado porque "a xuízo desta Institución, aumentar o tamaño do distintivo de identificación persoal faría posible en moitas ocasións ou facilitaría o exercicio do dereito dos cidadóns a identificar o persoal ao servizo da Administración do Estado". Nestes momentos este organismo está á espera dunha nova resposta por parte do Ministerio.

Dereitos Civís ten en marcha denuncias contra actuación policiais nas que os axentes non levaban identificación e ameazaron aos viandantes que llo requiriron

O artigo 18 do Real Decreto 1484/1987, de 4 de decembre, sobre normas xerais relativas a escalas, categorías, persoal facultativo e técnico, uniformes, distintivos e armamento do Corpo Nacional de Policía, deixa claro que "todos os uniformes levarán obrigatoriamente a placa-emblema do Corpo, con indicación do número de identificación persoal, no peito, por riba do peto superior dereito da prenda de uniformidade". De igual xeito, o artigo 21 do mesmo Real Decreto lembra qu "os funcionarios que realizan servizo de uniforme" levarán "obrigatoriamente o carné profesional, que será exhibido cando sexan requiridos para identificarse polos cidadáns, con motivo das súas actuacións policiais".

Neste momento Dereitos Civís ten en marcha denuncias contra actuación policiais nas que os axentes non levaban identificación e ameazaron aos viandantes que llo requiriron, como por exemplo neste vídeo no que, fronte ao Parlamento, unha manifestante é sancionada por requirirlle en repetidas ocasións a un axente que se identifique sen logralo

Dereitos Civís denunciou en varias ocasións axentes por non levar a identificación á que están obrigados Dominio Público Dereiros Civís

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.