A familia de David Reboredo sinala o trato desigual dado ao seu fillo e aos Mossos indultados

David Reboredo Dominio Público Praza Pública

Hai un mes Alberto Ruiz-Gallardón, ministro de Xustiza, comprometeuse no programa de televisión El Intermedio a estudar a petición de indulto no caso de David Reboredo. Porén, o indulto non chega e o único que se conseguiu polo de agora foi unha rebaixa da condena nun ano e medio. Polo camiño, quen si recibiron o indulto foron os catro mossos d'Esquadra que foran condenados a seis anos e sete meses de cadea en 2009, por torturas e lesións.

Quen si recibiron o indulto foron os catro mossos d'Esquadra que foran condenados a seis anos e sete meses de cadea en 2009, por torturas e lesións

A familia de David Reboredo sinala esta contradición entre a medida de gracia concedida a estes policias e o trato recibido polo vigués, condenado por un delicto menor hai catro anos e agora totalmente desenganchado das drogas e coa súa vida refeita. O pai de David demándalle a Gallardón que “cumpra a súa palabra de honor e revise a petición de indulto” e engade que “se cumpre a súa palabra e revisa o caso de David, verá que de verdade merece o indulto. David está limpo dende hai dous anos. É un rapaz rehabilitado, e así o aseguran organizacións como Médicos del Mundo, el Imán e Érguete. Ademais, dende hai tempo colabora con entrega con centros de axuda a drogodependentes en Galicia para que outros non cometan os seus mesmos erros”.

O pai de David demándalle a Gallardón que “cumpra a súa palabra de honor e revise a petición de indulto"

A campaña en Change.org para pedir o seu indulto supera xa as 145 mil sinaturas. É unha mostra máis da demanda social que dende colectivos e persoas individuais en todo o Estado demanda xustiza para este caso. 

David Reboredo Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.