"O acceso ó mundo laboral é un dereito básico, ademais dunha das formas máis positivas de favorecer a plena inclusión socio-laboral e a vida autónoma das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual", a Fundación Down Galicia e as súas entidades membros traballan no desenvolvemento das capacidades das persoas usuarias para a súa posterior inserción laboral e/ou a mellora da súa empregabilidade.
No vídeo que nesta información achegamos, Aloia Lema, coordinadora de Formación da Fundación Down Compostela, explica unha das metodoloxías empregadas na Fundación para traballar a mellora destas capacidades.
>> Máis información no blog Desmontando Tópicos, de Down Galicia en Praza