A MNG entrega 2.000 sinaturas para mudar os prazos de pago das matrículas universitarias

Xoán Bascuas (CxG) e Balbina Gándara (MNG) no rexistro da USC © CxG

A Mocidade Nacionalista Galega, referente xuvenil de Compromiso por Galicia, entregou este venres na Reitoría da USC dúas mil sinaturas recollidas nas dúas últimas semanas, como denuncia “da vulneración do dereito á educación por parte do Partido Popular”, en palabras da secretaria xeral da MNG, Balbina Gándara. O obxectivo é “acadar unha ampliación no prazo de anulación da matrícula, de tal xeito que as persoas que teñen solicitada unha bolsa, se esta é denegada, que poida anular a matrícula e as taxas, na data da resolución”. De igual xeito, solicitan que aquelas persoas que teñan que pagar as taxas derivadas das matrículas, poidan facelo dun xeito máis flexible, de tal maneira que se permita un maior fraccionamento dos pagos, sen que isto supoña a imposición de xuros.

O obxectivo é “acadar unha ampliación no prazo de anulación da matrícula, de tal xeito que as persoas que teñen solicitada unha bolsa, se esta é denegada, que poida anular a matrícula e as taxas, na data da resolución”

A MNG considera que coa reforma imposta polo Ministerio “non se garanten a igualdade de acceso á educación de todas as persoas xa que moitas mozas e mozos galegos non terán acceso ás bolsas universitarias e non poderán iniciar ou continuar os seus estudos universitarios como até o de agora”.

Para o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, “o Partido Popular está destruíndo a universidade galega, e dificultando o acceso das persoas aos estudos universitarios, ata o punto que aquelas persoas que, querendo estudar, non teñan concedida unha bolsa, vense obrigadas a pagar a totalidade dunhas taxas moi elevadas, que en moitos casos non é posible. Isto provoca que moitas persoas non se matriculen como medida preventiva”.

Xoán Bascuas (CxG) e Balbina Gándara (MNG) no rexistro da USC © CxG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.