A USC non atopa motivo de sanción na denuncia dunha traballadora por "acoso laboral"

Reitorado da USC © USC

O expediente disciplinario que a USC abrira hai uns meses a partir dunha denuncia por "acoso laboral" presentada por unha traballadora da Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica (RIAIDT) contra o responsable da unidade , vén de dar a coñecer a súa resolución, finalizando sen sanción.

Esta empregada denunciara que levaba sufrindo "acoso profesional, así como desprezos, insultos, vexacións, así como a permanente negativa o seu desenvolvemento profesional durante quince anos", o que a obrigara a requirir tratamento psicolóxico hai xa sete anos. Afirmara tamén que despois de presentar esta problemática ante os superiores do seu departmento e ante a súa "indiferenza", presentara xunto con tres compañeiras da súa unidade un escrito á Xerencia da USC, expoñendo os feitos e solicitando unha avaliación de riscos psicosociais no Servizo de Prevención de Riscos da USC. Porén, as restantes traballadoras da unidade desmentiron categoricamente esta afirmación.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.