Abella Lupa, premio da rede Emprendeverde

Abella Lupa © Praza Pública

Abella Lupa SAT acadou o primeiro premio do concurso da Red emprendeverde, convocado pola Fundación Biodiversidad dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, dentro da mención especial: contribución significativa á protección da biodiversidade. Deste xeito, o Ministerio recoñece a súa contribución ao desenvolvemento da economía sostíbel. Abella Lupa foi seleccionada de entre un total de 190 candidaturas a nivel estatal que optaban a 4 categorías de premios económicos. 

Abella Lupa é unha Sociedade Agraria de Transformación que nace cun dobre propósito: ser un proxecto destinado á produción ecolóxica de mel e á recuperación e divulgación do patrimonio cultural asociado á apicultura en Galicia. Asemade, incorpora ao mundo da apicultura un enfoque multidisciplinar, grazas á súa experiencia e formación profesionais en ámbitos como a bioloxía, a xestión forestal, a ecoloxía e a educación ambiental.

A Red emprendeverde, é unha rede especializada e integradora, cunha estrutura aberta á incorporación de emprendedores, inversores e interesados no emprendemento. Conta con máis de 3000 emprendedores e 45 inversores. É unha Rede para axudar a todos aqueles que queiran aproveitar as oportunidades económicas vinculadas á protección do medio ambiente.

Abella Lupa © Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.