Adtlantida.tv: Cara á radiotelevisión libre

Adtlantida.tv Dominio Público Praza Pública

Que é Adtlantida.tv? É un sistema de radiotelevisión libre cunha rede de aplicacións web e para dispositivos móbiles permite poder emitir e consultar material audiovisual en calquera momento e desde calquera lugar, utilizando calquera dispositivo libre. O proxecto está sendo desenvolvido por Berio Molina (alg-a, escoitar.org...) e Beka (aka Geeksha, co-admin de olholivre.net) e diferénciase doutros servizos como Bambuser, Ustream ou Vimeo no emprego exclusivo de ferramentas libres (Icecast en servidor linux, reproductores multimedia html5, apps para android), na combinación nun mesmo servizo comunitario de live streaming e a demanda, ademais da liberdade de contidos, sen censura, así como na ausencia de publicidade.

Os seus responsables salientan que en Adtlantida.tv "ti non es o producto que o medio de comunicación vende aos anunciantes, senón que a comunidade se autoxestiona con achegas"

Os seus responsables salientan que en Adtlantida.tv "ti non es o producto que o medio de comunicación vende aos anunciantes, senón que a comunidade se autoxestiona con achegas que permiten, unha vez efectuado o desenvolvemento, aboar anualmente o custe dun bo servidor streaming garantizando a estabilidade do servizo (bo amplo de subida e baixada de dados) a través da fibra óptica da rede libre guifi.net".

Tamén lles interesa investigar no campo do streaming, desenvolvendo novas aplicacións e funcionalidades: por exemplo, streaming dende android con dúas webcams lanzadas ao mesmo punto de montaxe e aplicación-espía de audio para android que emite simplemente pulsando un botón, así como reforzando as alternativas en software libre. A longo prazo, queten implementar o live streaming na interface web sen recorrer a tecnoloxías privativas.

Neste momento atópanse na fase de procura de financiamento a través dunha iniciativa de crowdfunding en goteo.org formando parte do programa de financiamento colectivo de Capital Riesgo da UNIA (Universidade Internacional de Andalucía). O custe total para o cofinanciamento mínimo é de 6500 euros e a cifra óptima chega aos 8900 euros. Tamén buscan tradutores e testers. Polo de agora levan recollidos algo máis de catro mil ofrecendo numerosas recompensas, sendo as máis importantes os que se acadan a partir de 35 euros (conta na mediateca para subir vídeos) e de 55 euros (conta de live streaming). A partir de 150 euros conséguese asistencia e asesoramento técnico para o deseño e montaxe dalgún proxecto de streaming específico.

Durante o primeiro ano o número de usuarias estará limitado a aquelas que cofinancien o proxecto durante a fase de crowdfunding

Durante o primeiro ano o número de usuarias estará limitado a aquelas que cofinancien o proxecto durante a fase de crowdfunding, polo que o registro de novos usuarios estará pechado, para garantir o servizo e establecer unha relación estreita con aquelas persoas ou colectivos que axuden a poñer en marcha o proxecto. A partir do segundo ano, o servizo abrirase ao conxunto de usuarias da rede e o rexistro será libre.

Queren fortalecer e visibilizar os laboratorios de produción cultural independente, así como a cooperativas, iniciativas de autoemprego, freelancers precarias...

Afirman que Adtlantida.tv "como iniciativa local (galega), orientada e aberta completamente ao global (coma a mesma rede, coma as redes que habitamos e fomentamos), desexa dirixirse á comunidade creativa no seu senso máis amplo, á cidadanía". E comentan que "a idea base xurdiu como proxecto para desenvolverr novas funcionalidades na área do streaming, ao mesmo tempo que para fortalecer e visibilizar os laboratorios de produción cultural independente (promovendo a conectividade tamén no rural), así como a cooperativas, iniciativas de autoemprego, freelancers precarias...".

Algunha das recompensas que ofrecen en Goteo.org Dominio Público Praza Pública
Algunha das recompensas que ofrecen en Goteo.org Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.