AGE acusa a empresa mineira de tentar "estafar e extorsionar" os veciños de Corcoesto

A mina de ouro teria un impacto moi importante na zona © Plataforma pola defensa de Corcoesto

Os propietarios dos terreos onde se pretende realizar o proxecto están a recibir unha carta da empresa instándoos a vender os terreos por 1,2 euros por metro cadrado, e ameazándoos con que se non o fan así antes de fin de ano, comezaría o proceso expropiatorio e obterían prezos máis baixos. A este respecto o Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda considera que esta acción comporta un imtento de "estafa e extorsión" e unha "chantaxe a través de cartas intimidatorias intolerables".

Os deputados de Alternativa Galega de Esquerda denuncia que “a misiva é un cúmulo de falsedades, dende a valoración do terreo, até o feito de que xa sexa inminente o proceso expropiatorio, que non o é, e que en caso de expropiarse os prezos sexan os que di a empresa”. Así mesmo, consideran que a valoración que oferta a empresa é mesmo inferior aos valores de mercado que a propia Xunta ten aprobado.

Os deputados de Alternativa Galega de Esquerda denuncia que “a misiva é un cúmulo de falsedades, dende a valoración do terreo, até o feito de que xa sexa inminente o proceso expropiatorio, que non o é, e que en caso de expropiarse os prezos sexan os que di a empresa"

AGE denuncia ademais que a empresa oculta que "pretende aplicar en Galicia a mesma táctica que empregou en Asturias, ao querer mercar agora a prezo baixo para que dispois, no proceso expropiatorio, se tomen como referencia comparativa de prezos de mercado os valores fixados nos contratos de compra-venta asinados antes de comezar as expropiacións, co cal non só se pagaría un prezo ridículo agora senón que iso perxudicaria aos que non vendan agora e sexan expropiados despois".

 

A Xunta, cómplice

AGE critica que dende o Goberno galego se avale este tipo de proxectos, "tolerando pasivamente que unha sociedade de capital estranxeiro practique a extorsión"

Ademais, denuncia a actitude da Xunta de Galiza en relación ao proxecto de extracción de ouro da empresa mineira Corcoesto SL e asegura que o Goberno galego é “cómplice pasivo”. AGE critica que dende o Goberno galego se avale este tipo de proxectos, "tolerando pasivamente que unha sociedade de capital estranxeiro practique a extorsión".

A mina estase tramitando como "proxecto industrial estratéxico" pero aínda non está aprobado como tal polo Consello da Xunta, polo cal mentres a Xunta non aprobe definitivamente o proxecto a empresa non pode expropiar. Neste senso AGE pregúntanse "se é que a empresa xa sabe que a Xunta lle vai aprobar o proxecto desestimando as alegacións presentadas e por iso comenzou o envío das cartas instando aos veciños a vender os terreos".

AGE lembra que un proxecto de idénticas características polo Principado de Asturias, decisión que foi confirmada polos Tribunais de Xustiza, desestimando as reclamacións da empresa

AGE salienta que “resulta evidente que este tipo de empresas busca países cunha lexislación ambiental moi laxa e onde atopen a complicidade das autoridades políticas, coma é o caso do goberno de Feijoo e do alcalde do PP de Cabana de Bergantiños” e lembra que un proxecto de idénticas características polo Principado de Asturias, decisión que foi confirmada polos Tribunais de Xustiza, desestimando as reclamacións da empresa.

A mina de ouro teria un impacto moi importante na zona © Plataforma pola defensa de Corcoesto

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.