As manifestacións semanais en Cangas contra as políticas do Goberno chegan ao seu primeiro ano

Convocatoria da manifestación deste sábado en Cangas Dominio Público Praza Pública

O 18 de xullo do pasado ano comezaron a convocarse en Cangas manifestacións de carácter semanal contra as políticas do Goberno. Dende entón a vila acolleu marchas en defensa da sanidade, do ensino, en resposta aos desafiuzamentos, ou contra a reforma laboral. Esta fin de semana estas convocatorias chegan ao seu primeiro ano, e fano cunha marcha que reivindicará os dereitos dos pensionistas e protestará contra os requerimentos da Axencia Tributaria aos traballadores emigrantes xubilados.

Esta manifestación será a primera que con carácter masivo vai ter lugar en apoio e en defensa dos dereitos dos pensionistas. Está prevista a asistencia de distintos colectivos de afectados, de distintas partes de Galicia

A manifestación partirá ás seis da tarde da Alameda de Cangas, e conta co apoio de numerosas distintas organizacións sociais, políticas e veciñais dos cinco concellos do Morrazo: CUT, o Grupo Municipal da Alternativa Canguesa de Esquerda, EU, Plataforma dos Bens Comúns de Marín, 15-M, FPG, Yayo Flautas... Esta manifestación será a primera que con carácter masivo vai ter lugar en apoio e en defensa dos dereitos dos pensionistas. Está prevista a asistencia de distintos colectivos de afectados, de distintas partes de Galicia. Ao remate do percorrido da manifestación, haberá un acto no palco da Alameda, presentado pola actriz Mónica Camaño e onde interviran os distintos portavoces dos colectivos sociais que apoiaron a convocatoria.

A marcha está acompañada dun Chamamento ao pobo do Morrazo en forma de manifesto. O texto destaca que "o actual e podre sistema tocou teito. Os ladróns e corruptos non van devolver o roubado. Ó contrario, están a saquear a maioría social, @s traballador@s e sectores populares para que o barco capitalista non vaia ás pedras. Se non o remediamos, a gran estafa que chaman crise económica, vainos levar á escravitude e á fame". E conclúe que "os xestores do capitalismo sexan da color que sexan, saben o que fan, dividen para vencer. E nós, a maioría social ancorados na cegueira e no egoísmo suicida, cremos as mentiras de Rajoy ou antes Zapatero. A única resposta válida para que non nos venzan é a unidade, construíndo a alternativa desde abaixo, sacándolle a caroza ós falsos e lacaios da política e do sindicalismo do sistema porque non nos representan. Mañá sería tarde".

Convocatoria da manifestación deste sábado en Cangas Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.