As Plataformas de Afectados por Preferentes acusan a Louzán de "demagoxia" e de "faltar á verdade"

Os afectados polas preferentes tiveron un cara a cara con Rafael Louzán hai unhas semanas © valminor.info

O pasado sábado Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, cargou contra os grupos de afectados polas preferentes que "están actuando como un verdadero comando radical para atacar o PP", acusounos de "manipular os afectados e usar politicamente este conflito", e defendeu o "apoio incondicional" do PP as vítimas do que cualificou de "estafa masiva". As Plataformas de Afectados por Preferentes responderon a estas declaracións este domingo pola noite nun comunicado no que acusan a Louzán de "demagoxia" e de "faltar á verdade".

Para as plataformas estas declaracións "son unha proba máis do nerviosismo dos dirixentes do Partido Popular, acurralados polas súas propias mentiras e promesas electorais incumpridas, ante a inminencia do previsible estoupido social que vai provocar a aplicación do Real Decreto Lei 24/2012". O comunicado lembra que o Partido Popular é "o responsable principal de legalizar, no ano 2003, a comercialización de productos tóxicos polas caixas de aforros" e sinala que Núñez Feijoo ocupou a Vicepresidencia da Xunta e posteriormente a Presidencia nos momentos nos que se producen a maior parte das emisións.

Para as plataformas estas declaracións "son unha proba máis do nerviosismo dos dirixentes do Partido Popular, acurralados polas súas propias mentiras e promesas electorais incumpridas

Sinalan tamén que "foi o goberno de Feijóo quen negociou informalmente coa Unión Europea o número de laudos arbitrais que ían ser resoltos favorablemente (que segundo o ex-Conselleiro de Industria e Comercio só representarían un 15% dos casos)" e engaden que "a día de hoxe quedan máis de 40.000 solicitudes sen resolver".

O comunicado contesta ás acusacions de “politización do asunto” realizadas por Louzán e afirma que "tanto o problema coma a solución son de caracter político". Tamén afirman que os “comandos radicais” aos que fai referencia Louzán "están integrados por xubilados, traballadores, desempregados, persoas enfermas ou con discapacidades, menores de idade, familiares de afectados, estudantes, persoas de toda idade e condición, que teñen en común ter sido víctimas da estafa masiva. As acusacións van polo tanto dirixidas á totalidade dos afectados e afectadas".

O comunicado contesta ás acusacions de “politización do asunto” realizadas por Louzán e afirma que "tanto o problema coma a solución son de caracter político"

As plataformas conclúen que "os cargos electos do Partido Popular teñen na súa man presionar ao goberno de Mariano Rajoy, presentando a súa dimisión e baixa no Partido Popular, condicionada a que non se apliquen as quitas" e sinalan que "de se manter nos seus cargos estarían apoiando a política de roubo e estafa do goberno do Estado promovida por Mariano Rajoy e Luis de Guindos".

Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra © PPdeG
Os afectados polas preferentes tiveron un cara a cara con Rafael Louzán hai unhas semanas © valminor.info

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.