O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COSTG) vén de presentar As Sementeiras, o grupo que abordará desde este ámbito o feminismo e que busca realizar actividades reivindicativas e culturais desde unha linguaxe "accesible e menos académica". "Queremos contribuír co noso traballo á construción dun mundo máis amable, máis igualitario e habitable, con maior xustiza social e libre de violencias patriarcais", din.
"Queremos contribuír á construción dun mundo máis amable, máis igualitario e habitable, con maior xustiza social e libre de violencias patriarcais"
Segundo explica o COTXG nun comunicado, o grupo de traballo créase co propósito de abordar o Traballo Social"con perspectiva de xénero e feminista, como ferramenta de transformación social", tal e como manifestan algunhas das súas integrantes.
Así, As Sementeiras prepara xa a campaña de cara ao vindeiro 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller logo de que, desde a súa creación en febreiro de 2020, impulsasen xa outras de concienciación e reivindicativas.
Ademais, As Sementeiras pretenden levar a cabo tamén un labor divulgativo mediante diversos artigos de opinión e tamén consolidándose como unha ferramenta de apoio e consulta de cara ao tecido asociativo galego, aos movementos feministas e ás diferentes administración públicas no eido da igualdade.