A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña continúa coa súa campaña para difundir as coaccións e ameazas a través das que os cidadáns da comarca foron obrigados a achegar cartos para mercar o inmoble para regalarllo ao ditador. A Comisión di que "todos coñecían a criminal represión da ditadura franquista e sabían que negarse a esas peticións podería traer graves consecuencias. Estamos, xa que logo, ante un auténtico roubo, que xustifica totalmente a petición que fai a CRMH de devolución do pazo de Meirás ao patrimonio público".
A Asociación Cultura Aberta de Carral conseguiu os documentos que exemplifican o xeito polo que se realizaban estas coaccións. A chamada Junta pro-pazo del Caudillo enviaba unha carta aos alcaldes que dicía:
La iniciativa de regalar al providencial Caudillo de los victoriosos ejércitos españoles, Excmo. Sr. Don Francisco Franco Bahamonde (Q.D.G.), un Pazo situado en la tierra que le vio nacer y, que en los próximos futuros días de paz, sea el lugar de descanso de la ingente tarea del Gobierno del Nuevo Estado de esta España Imperial, forjada por el valor de nuestros soldados guiados por su clara y gloriosa inteligencia, ha sido acogida con tal entusiasmo, que fueron muchas las personas que se han dirigido a esta JUNTA-PRO PAZO DEL CAUDILLO, exponiendo el deseo de colaborar en la realización de tan feliz idea.
Adjunto tenemos el gusto de remitirle un paquete, conteniendo los siguientes impresos: PLIEGOS PARA LA RECOGIDA DE FIRMAS. HOJAS PARA LA CONFECCIÓN DE LISTAS. (Las personas que no supieran firmar, deberán ser anotadas en una casilla con su nombre y apellidos).
Nos permitimos indicarle la conveniencia, de nombrar comisiones que se compondrán, de dos o tres personas de significación en la localidad, quienes se encargarán de visitar personalmente a sus convecinos, pudiendo ser varias estas comisiones, a fin de realizar esta labor rápidamente.
Sucedía todo isto no concello de Carral onde numerosos veciños foron asasinados polos fascistas, despois da sublevación militar de xullo de 1936, e moitos cadáveres apareceron nas cunetas das súas parroquias
O alcalde de Carral, Laureano Núñez Rivas, convocaba ao Xefe Local de Falanxe, mestras e mestres do concello, e seis párrocos a unha reunión para o 19 de maio dese ano “al preciso objeto de tratar sobre un asunto de excepcional importancia patriótica”. O 21 de maio de 1938 quedaban constituídas as Juntas Parroquiales pro-pazo del Caudillo de Paleo, Cañás, Quembre, Sergude, Sumio, Tabeaio, Veira e San Vicente de Vigo. En cada comisión, formada por tres persoas, participaban mestras ou mestres, párrocos, concelleiros e falanxistas. Na acta asinaban todos eles debaixo dun texto que dicía: "Quedamos enterados y prometemos cumplir bien nuestro cometido”.
Cumpriron as instrucións e, despois de visitar casa por casa aos veciños, a recollida das aportaciones voluntarias foi un éxito, xa que 819 familias pagaron ese imposto revolucionario e achegaron 4.385 pesetas para que “el invicto Caudillo FRANCO venga a descansar en la tierra que le vió nacer, de la ingente tarea de conducir los Ejércitos Nacionales a la Victoria”. Sucedía todo isto no concello de Carral onde numerosos veciños foron asasinados polos fascistas, despois da sublevación militar de xullo de 1936, e moitos cadáveres apareceron nas cunetas das súas parroquias.