Cadea humana contra os recortes nos servizos públicos

Cadea humana contra os recortes no sector público CC-BY CIG

Unha cadea humana para rodear o edificio administrativo do Goberno galego. Centos de delegados e persoal da área pública dependente da Xunta, que foran convocados polo comité intercentros e po CIG, CCOO, UGT e CSIF, rodearon na mañá deste xoves San Caetano nunha nova mobilización dentro da campaña "contra os recortes de dereitos" tras a aplicación do decreto lei de medidas para o emprego público. Esta simbólica protesta fíxose coincidir coa vista oral que se celebraba no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ante a presentación de conflito colectivo por parte destas centrais sindicais.

Os manifestantes proclamaron a súa defensa dos servizos públicos e a oposición á privatización

Os manifestantes proclamaron a súa defensa dos servizos públicos, a oposición contra a súa privatización, a loita contra a precarización das condicións laborais e a amortización de postos de traballo, ademais de manifestar a súa oposición ao decreto lei de medidas para o emprego público

Rodolfo Docampo, presidente do Comité Interempresas resumía as consecuencias deste decreto lei que, segundo denuncia, “vulnera o dereito á negociación colectiva, usurpa o dereito dos traballadores a negociar as súas relacións contractuais, pactadas co goberno do PP, que logo, utilizando a súa maioría no Parlamento, botou para abaixo”.

Cadea humana contra os recortes no sector público CC-BY CIG
Cadea humana contra os recortes no sector público CC-BY CIG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.