Calquera pode ser máis xeneroso que Amancio Ortega

Amancio Ortega Dominio Público Praza Pública

Queres ser máis xeneroso que Amancio Ortega? Non supón un gran desembolso de cartos e agora, ademais, vén de lanzarse unha web (donamasquedonamancio.org) que simplifica o proceso. Hai unhas semanas, o propietario de Inditex entregoulle a Cáritas 20 millóns de euros, o 0,05% do seu patrimonio, como ben sinalou no seu blog Pepo Jiménez (Kurioso).

Esta web, lanzada pola axencia de publicidade JWT, convida a calcular "cánto terías que doar para ser un céntimo máis solidario que Don Amancio". Así, sumando os cartos que un ten no banco, o que lle adebedan, o valor do seu patrimonio, o valor real da súa vivenda e mesmo o que un pode levar na carteira nese momento, e restándolle o que quede por pagar da hipoteca, a web calcula canto tería que doar cada persoa para superar nun céntimo o xesto de Amancio Ortega. Se tes 50 mil euros, terías que ceder 25,01 € e xa serías un céntimo máis xeneroso.

Ademais, a web permite entregar estes cartos directamente a unha vintena de entidades sociais e ONGs e a difundir a doazón polas redes sociais, para que todo o mundo saiba o xeneroso que se é.

Captura de pantalla da páxina Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.