Camiñando pola protección da Serra do Galiñeiro

Camiñantes en defensa da Serra do Galiñeiro Dominio Público @eduardogparada

Centos de persoas, máis de 2.000 segundo os datos da organización, manifestáronse este domingo nunha marca que reclamou a protección do espazo natural da Serra do Galiñeiro e exixiu á Xunta que anule a autorización dun parque eólico na súa contorna, ameazada tamén polas prospeccións mineiros de terras raras.

Os manifestantes piden a protección dun espazo ameazado por un parque eólico e as prospeccións mineiras de terras raras

Para os convocantes, á a protección a "única forma" de protexer este espazo natural que, segundo denuncian, coñece cada ano "a intención dun novo atentado na zona". Así, os colectivos en defensa da Serra do Galiñeiro explican que se prevé a construción dun parque eólico na zona composto por 13 aeroxeradores, ao que Plataforma presentou alegacións e que nestes momentos aínda se descoñece se se vai pór en marcha.

Ao tempo, neste parque tamén están previstas investigacións sobre terras raras nunha extensión de dez hectáreas e que procura minerais e elementos utlizados para produtos de alta tecnoloxía. "A Xunta ofertou outras 32 hectáreas máis para a extracción destes produtos", critica a plataforma. "Sería un desastre este proxecto porque afectaría a toda a zona comprendida entre a Universidade de Vigo e o Monte Aloia", lembran.

Os camiñantes (e manifestantes) contaron este domingo co apoi do PSdeG ou o BNG e percorreron 10 quilómetros da serra, reclamando a paralización de todas estas "agresións" e a activación dunha "figura de protección" para a zona.

Camiñantes en defensa da Serra do Galiñeiro Dominio Público @eduardogparada
Marcha pola protección da Serra do Galiñeiro Dominio Público @GalizaNovaVigo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.