Cando a austeridade non é excusa

Comedor dun colexio galego © Colexio Concepción Arenal (Ourense)

Alumnado e nais e pais dos colexios Colegio Ramiro Sabell de Ponteareas levan semanas de mobilización para esixir prazas de comedor. O problema, neste caso, non é económico, pois a reivindicación non se refire a prazas subvencionadas, nin a menús a custe cero, tan só ao permiso para que os nenos e nenas poidan facer uso das instalacións cando non poidan ir comer ás súas casas. O conflito chegou este xoves ao Parlamento, pero a Xunta bota balóns fóra e remite o asunto ao Concello de Ponteareas.

A Xunta só concedeu 58 menús, cando hai máis de 120 solicitudes, e o comedor ten capacidade para 250 prazas, nun centro escolar que conta con 420 alumnos e alumnas. A argumentación do goberno galego é que o número de prazas concedido se basea no número de usuarios do ano anterior e nas propias previsións remitidas polas anpas hai meses. Pais e nais tamén reclaman que, no caso de que non se permita o acceso dos rapaces aos menús, se permita que consuman alí os tuppers que levan dende as súas casas.

"Non entendemos cal é o problema, non entendemos a súa negativa, nós non pedimos prazas subvencionadas. Se nos dan as prazas subvencionadas, perfecto, pero non pedimos iso", sinalan dende a Anpa Peña do Equilibrio.

Comedor dun colexio galego © Colexio Concepción Arenal (Ourense)

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.