Cazoladas e ruído contra "a débeda ilexítima"

Manifestación en Madrid Dominio Público @acampadasol

Baixo o lema "Non debemos, non pagamos", milleiros de persoas manifestáronse na tarde deste sábado en todo o Estado para "sinalar os culpables" de "convertelo todo en mercadoría e facer negocio" e da "especulación". Nunha xornada mundial denominada como Global Noise, os manifestantes mostraron a súa indignación facendo ruído cunha cazolada que tamén se desenvolveu en varias cidades de Galicia como Vigo, Ourense, A Coruña ou Compostela.

A cazolada global foi seguida tamén en varias cidades de Galicia

A protesta, convocada polo 15M, esixía "a moratoria no pago da débeda até realizar unha auditoría cidadá", a "creación dunha banca pública", o "cesamento inmediato das privatizacións e recortes", a "anulación" da reforma laboral", así como "responsabilidade cívis e penais aos xestores políticos e económicos que xeraron a débeda ilexítima".

A protesta recibiu o apoio do 15M e da Coordinadora 25S nunha protesta mundial á que se sumaron varias cidades de todo o mundo, entre elas varias galegas onde se concentraron centos de persoas, sendo a de Vigo a máis numerosa. "Saímos á rúa cazonla en man en centos de cidades de todo o mundo. Dado que non nos queren escoitar, facemos ruído para amosar o noso rexeitamento ás desigualdades e á opresión dun sistema económicos inxusto que pon o capital por diante das persoas", defende o comunicado da convocatoria mundial, que foi seguida unha vez máis en Galicia.

Manifestación do 13O en Ourense Dominio Público @_Oscar_Sanchez
Manifestación do 13O na Coruña CC-BY-SA Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.