As sete cidades galegas acolleron este domingo mobilizacións en defensa dunha banca pública. A mobilización máis numerosa foi a de Vigo, na que tamén participaron ducias de afectados polas participacións preferentes. Noutras cidades as concentracións complementáronse con charlas sobre a situación económica, coma a que ofeceu Xavier Vence en Compostela ou de José Luís Outes Ruso en Pontevedra.
Álvaro Rodríguez, de ATTAC e un dos voceiros da plataforma en Vigo, salientou a participación nas mobilizacións con perfís distintos aos habituais, por exemplo, os afectados polas preferentes, moi numerosos no sur de Galicia.
A Plataforma polo Aforro Público considera que "para superar esta crise en positivo, e para o normal funcionamento democrático da nosa sociedade é imprescindible unha banca pública que funcione de xeito ético e devolva á cidadanía o poder sobre os aspectos financeiros da economía". Os colectivos que integran a plataforma consideran así mesmo que a bancarización das caixas de aforro "non é necesaria nin inevitable" e que se lle está regalando "o capital das caixas aos bancos", creando ademais "un oligopolio no sistema financeiro galego e español, que vai provocar a exclusión financeira de gran parte da poboación, pequenas e medianas empreas e familias".
Mobilizacións da Plataforma polo Aforro Público
-
Cartaz da manifestación de Vigo -
Manifestación en Vigo -
Manifestación en Vigo -
Manifestación en Vigo -
Manifestación en Vigo -
Xavier Vence deu unha charla na Alameda de Compostela -
Preparativos da manifestación en Pontevedra -
Concentración en Pontevedra -
A concentración na Coruña