Com as reintegracionistas!

Cartaz do Dia Da Toalha 2013 Dominio Público Praza Pública

O DdoOLeR 2013 (VII Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata e XIII Dia Internacional da Toalha) celebrarase o 25 de maio e xa ten cartaz protagonizado por Teresa Moure e tamén o seu propio Harlem Shake: "Com as reintegracionistas!".

Moure foi escollida este ano como madrinha despois da repercusión acadada polo artigo publicado hai unhas semanas no que facia unha pechada defensa do reitegracionismo e anunciaba a súa decisión persoal de empregar esta norma.

O Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata comezou a celebrarse en 2007 como forma de reivindicación lúdica da unidade da lingua. Celébrase o 25 de maio, ao igual que o Dia do Orgullo Friki e do Dia da Toalha, evento do que parte e que comezou a celebrarse en 2001 como homenaxe a Douglas Adams e a súa Guía do autoestopista galáctico

Cartaz do Dia Da Toalha 2013 Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.