Compostela abre a xeira de peches en centros de ensino contra a LOMCE e os recortes

Cartaz do calendario de peches © Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

Abril será un mes de peches nos centros de ensino e outras accións de protesta ante o proxecto de reforma educativa e os recortes no financiamento. O primeiro dos peches, como xa a anunciara a pasada semana a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, terá lugar este martes no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. O peche comezará ás cinco da tarde e concluirá ás dez da mañá do mércores. A esta acción seguirán novos peches esta semana na Coruña, Carballo, Ferrol e A Guarda.

A Plataforma considera a LOMCE como unha lei "reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática, e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e que expulsa do ensino os sectores sociais máis desfavorecidos  da sociedade". A Plataforma tamén convocou unha concentración para o 17 de abril en Santiago de Compostela coincidindo co debate do decreto de comedores no Consello Escolar de Galicia, ás 16:45 horas.

 

Calendario de peches

9 de abril. Santiago (IES Rosalía de Castro)
10 de abril. A Coruña (IES Menéndez Pidal)
11 de abril. Carballo (IES Alfredo Brañas)
11 de abril. Ferrol (CIFP Ferrolterra)
12 de abril. A Guarda (CEIP A Sangriña)
15 abril. Carballo (IES Alfredo Brañas)
15 abril. Cangas (IES Rodeira)
17 abril. Lugo (IES As Mercedes)
18 abril. Verín (IES Xesús Taboada Chivite)
22 abril. Burela (IES Monte Castelo)
22 abril. Ourense (Xefatura territorial)
23 abril. Cambados (IES Ramón Cabanillas)
24 abril. Ribeira (IES Nº 1)
24 abril. Vigo (IES San Tomé Vigo)
25 abril. Gondomar (IES Terra de Turonio)
26 abril. Pontevedra (IES Torrente Ballester)

Cartaz do calendario de peches © Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.