Convocan concentracións en solidariedade con Hadriám Mosquera "Senlheiro"

Acto de Ceivar celebrado hai uns meses Dominio Público Ceivar

O Organismo Popular Anti-repressivo Ceivar convoca concentracións este mércores pola tarde en solidariedade con Hadriám Mosquera Senlheiro, o mozo presuntamente relacionado con Resistencia Galega detido en Ames o luns pola noite. EsCULcA (Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades), ademais de facerse eco das denuncias de "tortura" do propio detido, critica o tratamento dado a este tema pola televisión pública galega, qe segundo Esculca citou o mozo como "terrorista" e afirmou "sen proba legal" a sua pertenza “á cúpula da organización terrorista Resistencia Galega”.

Hadriám Mosquera está acusado de ter no seu poder tres artefactos explosivovs semellantes aos intervenidos en anteriores operaciones contra Resistencia Galega. Permanece en dependencias policiais en Compostela e prestará declaración na Audiencia Nacional.

 

Horario das convocatorias

Compostela. 20 horas. Praza do Pan

Lugo. 20.30 horas. Praza Maior

Ourense. 20 horas. Praza do Ferro

Vigo. 20 horas. Diante do MARCO

Acto de Ceivar celebrado hai uns meses Dominio Público Ceivar

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.