De Vacas canta para Deleite a panxoliña do leite sen lactosa

De Vacas canta para presentar o leite sen lactosa de Deleite © Deleite

As rapazas de De Vacas cantaron este venres en Lugo unha panxoliña especial, a que presenta o novo leite sen lactosa da marca Deleite. No centro comercial As Termas, o trío -que triunfa coas súas orixinais versións de coñecidos temas- cantou para este novo produto entre carteis con mensaxes moi directas. "Unha Galicia sen vacas, sen leite, sería Galicia?", dicía un. "O leite de vaca é imposible replicar en laboratorio", rezaba outro como apoio á campaña que reivindica este produto, na modalidade que sexa.

"Garantimos que o leite que presetanmos leva 0% de lactosa", asegurou Pedro Boquete, portavoz do grupo Leite Noso, que empezou a comercializar o produto hai uns meses logo de que un grupo de gandeiros adquirise a marca tras a poxa xudicial e o fracaso do proxecto liderado pola Xunta. Os resultados, polo momento, son moi satisfactorios para unha marca con duros competidores e que xurdiu nun momento especialmente delicado para o sector. Con todo, a acollida é máis que boa, segundo os seus responsables, que anuncian que xa están a contactar con cooperativas en complicada situación para incorporalas ao seu proxecto.

De Vacas canta para presentar o leite sen lactosa de Deleite © Deleite

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.