'De Volta para Loureda', Premio Vidal Bolaño

Captura de pantalla do blog Dominio Público Praza Pública

O xurado do Premio Roberto Vidal Bolaño acordou concederlle o galardón na súa décima edición a De Volta para Loureda, un blog que reflexiona sobre a situación dos presos nacionalistas galegos e en especial sobre a de Carlos Calvo. Neste espazo publica habitualmente o propio Carlos Calvo, recluído no Centro Penitenciario de Topas, en Salamanca, e outras persoas como Anxo Angueira, María Xosé Bravo, Antón Dobao, Rodri Suárez, Xosé Luís Santos Cabanas, Xavier Campos ou Manoel Santos, entre moitos outros.

O obxectivo deste premio, que dende hai unha década conceden as Redes Escarlata, é "subliñar o labor individual ou colectivo en favor da lingua, da cultura e da nación galega". O xurado estivo formado nesta ocasión por Xosé A. Laxe Martiñán, Antón Dobao, Francisco Fdez. Rei, Lourdes Pérez, Luz Fandiño, Xosé Luis Santos Cabanas, Maria Martínez Clavell e Xosé Luis Méndez Ferrín como secretario.

Captura de pantalla do blog Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.