Denuncian 14 días de espera para ir ao médico de cabeceira

Mosquera e membros do seu equipo, na sede de Sanidade © Ana Varela

CIG-Saúde denuncia que no Centro de Saúde de Carballo o tempo de espera para acudir ao médico de familia chega aos 14 días e culpa desta situación á decisión da Consellaría de non contratar médicos substitutos. Os pacientes teñen que ser asumidos polos restantes profesionais do centro, xaquelogo. O sindicato alerta de que "moita xente opta por acudir por urxencias (como é lóxico) aínda non tratándose de situacións de verdadeira urxencia (pero que tampouco poden esperar 14 días)", o que "sobrecarga de máis traballo ao resto de profesionais que teñen que asumir a atención dos pacientes dos médicos que disfrutan do seu dereito a vacacións e que non son substituídos".

CIG-Saúde alerta de que "moita xente opta por acudir por urxencias (como é lóxico) aínda non tratándose de situacións de verdadeira urxencia"

CIG-Saúde sinala que esta situación se reproduce noutros centros de toda Galicia e critica que "os usuarios e as usuarias da sanidade pública padecen as consecuencias dos recortes de persoal, ademais doutras decisións políticas do goberno do goberno do PP como o incremento do copago farmacéutico, a retirada da cobertura de moitos medicamentos, etc.". CIG-Saúde denuncia "esta política absolutamente cicateira do Partido Popular que, ao mesmo tempo que recurta en gastos de persoal e outros gastos básicos para o funcionamento da sanidade pública, continua gastando cantidades inxentes de diñeiro público en propaganda".

Mosquera e membros do seu equipo, na sede de Sanidade © Ana Varela

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.