Denuncian altos niveis de contaminación no aire das cidades galegas

A planta de ENCE, na Ría de Pontevedra Dominio Público Praza Pública

O catedrático Ramón Varela, experto en contaminación atmosférica, advirte de que a concentración de partículas nas zonas urbanas do noso país neste inverno chegou a superar en numerosas ocasións os límites legais. A este respecto ADEGA afirma que atendendo ao parque automobilístico galego e ao ráfico rodado, á industria existente, á extensión xeográfica do noso territorio, ao tamaño das cidades e á renta per capita e nível de vida, "en Galiza non nos corresponde unha contaminación por partículas tan alta".

O catedrático Ramón Varela, experto en contaminación atmosférica, advirte de que a concentración de partículas nas zonas urbanas do noso país neste inverno chegou a superar en numerosas ocasións os límites legais

Por exemplo, en Vigo e Ponteareas supéranse moitos días os valores límite diarios fixados pola lexislación (aínda que permite superalos durante 35 dias ao ano). Superaron os valores establecidos en 50 microgramos/m3 para partículas PM10: Vigo (32% dos días estudados) con catorce días; Ponteareas (22% dos días) con vinte días; dez días en A Coruña (12,5%); catro en Santiago (5%); tres en Ferrol (3,7% dos días); e tamén se superou na estación de fondo de O Saviñao correspondente a rede EMEP, aínda que mide en atmosfera teoricamente “limpa”, algúns días os valores horarios están próximos ou por riba de 50 ug/m3.

No que respecta as concentacións medias mensuais, Vigo con 47 ug/m3 en marzo e Ponteareas con 50 ug/m3 en xaneiro van ácabeza e superan o valor límite anual (40ug/m3). Todas as estacións de rexistro, excepto Ourense, Marín e Laza están lonxe dos valores recomendados pola OMS que ten en media anual 20 ug/m3.

Á luz destes datos ADEGA afirma que "a situación require un esforzo da administración para no futuro inmediato diminuir de forma importante as concentracións horarias, diarias e mensuais, que neste pasado inverno de 2012 son considerábeis

Á luz destes datos ADEGA afirma que "a situación require un esforzo da administración para no futuro inmediato diminuir de forma importante as concentracións horarias, diarias e mensuais, que neste pasado inverno de 2012 son considerábeis". A asociación ecoloxista lembra que as partículas grosas, PM10, ao inhalalas, poden depositarse nos condutos bronquiais e empeorar as patoloxías respiratorias. Pero as partículas máis finas chegan a deposítarse nos alvéolos e poden chegar ao torrente sanguíneo. Poden ter tamén efectos sobre o sistema cardiovascular e, xunto cos gases do tráfico, causar cancro, como acaba de considerar a OMS, en referencia ao diesel, cuxa perigosidade vén de ser elevada de posible carcinóxeno humano (grupo 2A) a carcinóxeno certo (grupo 1) equiparándoo deste xeito a outras substancias e elementos canceríxenos como amianto, o benceno ou as radiacións solares.

A planta de ENCE, na Ría de Pontevedra Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.