Denuncian o sorteo dun posto de traballo en Ponte Caldelas

Cartaz do sorteo © Asociación de Comerciantes e Empresarios de Ponte Caldelas

Piratas de Galicia denuncian que unha asociación de comerciantes de Ponte Caldelas organizou unha campaña promocional de Nadal titulada Te Regalamos un Futuro pola cal sortean unha contratación de traballo por 6 meses como auxiliar administrativo. Nesta campaña colabora o propio Concello de Ponte Caldelas. Piratas considera que a campaña "está xogando frívolamente con algo máis que unha ilusión de acadar algo, pois o dereito o traballo é fundamental". A formación envioulles unha instancia á asociación organizadora, ao concello e a varias entidades e autoridades para que se anulen o sorteo.

Nesta campaña colabora o propio Concello de Ponte Caldelas

A Asociación de Comerciantes y Empresarios de Ponte Caldelas (COEMPO) leva días anunciando un sorteo que terá lugar o 8 de xaneiro na Casa da Cultura da vila pontevedresa. O posto de traballo que se ofrece é un contrato coa propia asociación a media xornadas e por 6 meses. Os requisitos son que o premiado ou premiada sexa demandante de emprego e estea inscrito no SEPE. Especificase ademais que os custes salariais totais ascenden a 3.963.48 euros. Tamén se engade que no caso de que a persoa premiada non acepte o contrato de traballo, ou non sexa apta, poderá recibir un vale de compra por valor de 3.000 euros.

Piratas de Galicia apunta que "de permitirse este sorteo, ábrense posibilidades impensables ata o de agora no que en dereito laboral refírese ás contratacións e ao proceso de selección"

Piratas de Galicia apunta que "de permitirse este sorteo, ábrense posibilidades impensables ata o de agora no que en dereito laboral refírese ás contratacións e ao proceso de selección". E reclama que "así como o Ministerio de Sanidade intervíu de oficio cando en discotecas se sorteaban operacións de ciruxía estética, agora sería o Ministerio de Empleo o que debería tomar cartas no asunto".

Cartaz do sorteo © Asociación de Comerciantes e Empresarios de Ponte Caldelas

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.