Denuncian que os hospitais galegos incumpren as recomendacións posparto

En Galicia hai 13 unidades neonatais CC-BY sartors

A Asociación O Parto é Noso vén de presentar o Informe sobre a Accesibilidade das Nais e Pais nas Unidades Neonatais en Galicia e o Cumprimento dos Dereitos dos Bebés Ingresados. Nel denuncia que ningún dos 13 hospitais ou clínicas con Unidades Neonatais de Galicia cumpre coas tres prácticas básicas recomendadas polo Ministerio de Sanidade e a OMS.

Estas prácticas refírense a que os pais e nais deben ter acceso as 24 horas ao neno ou nena enfermas. Tamén indican que a lactación materna debe ser a libre demanda sen restricións na duración e frecuencia das tomas, e que se debe por en práctica o Coidado Canguro durante o ingreso dos acabados de nacer na unidade neonatal. O Coidado Canguro consiste no contacto pel con pel temperán, continuo e prolongado entre a nai e o seu fillo ou filla.

A asociación afirma que os pais e nais ven restrinxida a súa entrada á unidade onde os seus fillos e fillas se atopan ingresados en 11 das 13 unidades. Tamén denuncian que as necesidades de nai e bebé sobre lactancia "ignóranse en todas as unidades, xa que nelas seguen a prevalecer os horarios nas tomas en lugar de fomentar unha lactancia materna a demanda". Finalmente din que o Coidado Canguro, "fundamental para a saúde dos acabados de nacer", só se realiza en cinco destas unidades.

 

En Galicia hai 13 unidades neonatais CC-BY sartors

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.