Desaloxo de afectados polas preferentes nun polémico pleno en Ferrol

Protestas no pleno de Ferrol CC-BY Susete Ferrol

Pleno polémico en Ferrol. A Policía Local desaloxou varios afectados polas preferentes que protestaban no Concello e impedían o inicio dunha sesión na que, malia a restrición de aforo, tamén se levaron a cabo protestas de traballadores de Megasa ou de policías e bombeiros. Os axentes botaron fóra sobre unha ducia de preferentistas, momento no que os concelleiros de PSdeG, EU e BNG abandonaron tamén a sala en sinal de protesta.

Os concelleiros de PSdeG, EU e BNG abandonaron tamén a sala en sinal de protesta.

Malia a restrición no número de asistentes, que quedou reducido a pouco máis de 80 persoas, o pleno viviu momentos de tensión provocados polas diferentes protestas, que berraron consignas como "menos narcos e máis barcos" ou "preferentes solucións, banqueiras a prisión". Os intentos do alcalde de Ferrol por calmar as reivindicacións non deron resultado, polo que a Policía Local decidiu desaloxar o pleno.

A plataforma de afectados polas preferentes de Ferrolterra acusou de "tirano" o rexedor e denunciou o "trato violento" recibido pola agrupación, aínda que aclarou que non foran golpeados. "Hai que ilegalizar o Partido Popular", chegouse a oír. No entanto, a oposición en pleno denunciou a situación creada na Concello e reclamaron "solución" para os cidadáns, máis aló do desaloxo.

Protestas no pleno de Ferrol CC-BY Susete Ferrol
Protestas no pleno de Ferrol CC-BY Susete Ferrol

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.