Deséxalle "boas festas" ao Conselleiro de Educación

Postal que CIG-Ensino propón enviarlle ao conselleiro © CIG-Ensino

A CIG-Ensino iniciou este luns unha campaña para que o profesorado lle envíe unha tarxeta de Nadal a a Jesús Vázquez esixindo a paga extra de Nadal. O sindicato fai un chamamento a todo o profesorado para que participe e conseguir así que o conselleiro de Educación reciba máis de 30.000 envíos.

O texto da tarxeta fai referencia ás reducións salariais que sufriu o profesorado desde  o ano 2010 e que supuxeron que os seus ingresos minguaran en máis dun 20%. Na postal tamén se denuncian os descontos salariais por enfermidade cos que se castiga os traballadores e traballadoras, o incremento do horario lectivo, as ratios de alumnado por aula, a redución de unidades e postos de traballo, os recortes na atención á diversidade e os ataques ao uso do idioma.

O texto da tarxeta fai referencia ás reducións salariais que sufriu o profesorado desde  o ano 2010 e que supuxeron que os seus ingresos minguaran en máis dun 20%

“Nuns días –recolle o texto-  ademais de manter conxelado o meu salario, vai facer efectiva a eliminación da miña paga de Nadal, o que é o mesmo que desvalorizar o meu traballo, vulnerar os meus dereitos laborais e furtarme o que como traballador/a me corresponde”. A tarxeta, que se pode enviar desde hoxe, remata esixindo como única felicitación de Nadal a restitución da paga extra que lle corresponde ao profesorado polo seu traballo.

Texto da Postal © CIG-Ensino

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.