Difunden documentos en nome de Anonymous para denunciar a relación do PP co narcotráfico

Imaxe de Anonymous España Dominio Público Anonymous España

Ameaza cumprida. Uns vídeos que falaban en nome do colectivo hacker Anonymous ameazaban dende o pasado domingo con publicar documentos que supostamente demostrarían a existencia de "tráfico de influencias" dos conservadores con xuíces, policías e responsables de alfándegas e, en xeral, a relación do Partido Popular co nartcotráfico. Un dos vídeos instaba ademais a los ciudadanos españoles a "rebelarse" contra la actual situación: "os españois ficaron sen sanidade, educación nin traballo por culpa dun Goberno ignorante que só traballa para as grandes corporacións e en beneficio propio". Dende este luns pola tarde estes documentos e arquivos pódense descargar dende varios servidores e páxinas

En xullo Anonymous xa colgou en varios servidores as contas do PP entre 1990 e 2011, e a maioría dos arquivos filtrados correspondían á contabilidade do partido que o Tribunal de Contas lle entregara ao xuíz Pablo Ruz. O PP presentou unha denuncia contra Anonymous na Brigada de Delitos Telemáticos da Gardia Civil por un presunto delito de revelación de segredos.

Con todo, os documentos difundidos este luns achegan en principio poucos datos que non fosen coñecidos de antemán. Na súa meirande parte trátase dunha completa relación de novas publicadas nos últimos anos sobre operacións policiais na costa galega contra o desembarco de grandes cantidades de droga e nas que estaba implicado, entre outras persoas, Marcial Dorado. Tamén fai un seguimento puntual das presións sufridas polo xuíz Vázquez Taín ao longo da pasada década, despois de ter impulsado estas operacións contra o narcotráfico. Unhas presión nas que mesmo estivo implicado un funcionario de aduanas. Entre os arquivos difundidos en nome de Anonymous atópanse tamén gravacións de conversas nas que aparecen membros da asociación Guardias Civiles por los Derechos Humanos, xornalistas, policías e cargos públicos, en relación a temas diversos, dende a operación Carioca até a investigación do 11M. 

Imaxe de Anonymous España Dominio Público Anonymous España

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.