Galicia mellor sen touradas continúa a súa campaña Eu dou a cara pola abolición, na que o colectivo anima á xente a imprimir o cartaz con ese lema e tirar unha foto con el. Despois piden que as persoas que participen na iniciativa a colguen en Facebook ou a envien a info@galiciamellorsentouradas.org.
Lembrando que “nos xogamos moito o 21-O”, os abolicionistas lanzaron a proposta aos miles de internautas que seguen a alianza antitaurina nas redes sociais, colleitando polo momento medio cento de fotografías de persoas, e mesmo animais domésticos, que amosan a súa oposición á tauromaquia dunha forma diferente. Rubén Pérez, voceiro adxunto de Galicia, Mellor Sen Touradas, explica que “con esta campaña pretendemos animar á cidadanía a votar o vindeiro 21 de Outubro para desaloxar a quenes fixeron da tauromaquia unha bandeira de protección, a cal subsidiaron dende diferentes institucións e permiten que persoas de calqueira idade poidan contemplar imaxes dantescas mentras fan apoloxía da violencia contra os animais como forma de cultura ou arte”.