Escracho ao ILG no 'Dia da Toalha'

Escrache ao ILG © Chimpinho

O Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata (DdoOLeR) celebrou este sábado a súa sétima edición. Houbo xogos, unha breve manifestación, concertos e, sobre todo, moitas toallas: na cabeza, nos ombros, nas cadeiras..., de praia, de baño e de todas as cores posibles. Este ano o DdoOLeR presentaba algunhas novidades. En primeiro lugar a presenza significativa de Teresa Moure como pregoeira, que redactou un manifesto que o blogue do evento foi publicando por entregas. 

Na cuarta e derradeira parte Moure describe o proceso de tirar a foto de ilustra o cartaz desta edición: "A foto mostra uma mulher a quem pediram que se fotografasse para hoje. Pediram-lhe que deixasse de lado o pudor de ser retratada e ela mirou para a câmara. Mirou de frente, com rebeldia. Acabava de dar o salto de se incorporar numa luta não menor, a defesa duma norma ortográfica que a vinculava, de pronto, a tantos textos, a tantos povos, ao tempo que a distanciava dos poderes pequenos da cultura galega oficial".

As críticas a esta "cultura galega oficial" simbolizáronse nun escrache que os participantes na manifestación realizaron ante a sede do ILG (Instituto da Lingua Galega), moi próximo á Praza de Mazarelos onde comezaron os actos. Os manifestantes berraron contra "os desafiuzamentos, beirarrúas e demais inventos do ILG". A fests trasladouse despois á Gentalha do Pichel, onde se repetiu a lectura do pregón.

Lectura do pregón © Chimpinho
Escrache ao ILG © Chimpinho
Manifestación no DdoOLeR © Chimpinho

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.