O pasado 22 de febreiro foron entregadas na oficina do Valedor do Pobo milleiros de peticións de amparo ante a prevista reforma da lei do aborto promovida polo ministro Gallardón. Nos textos desta iniciativa promovida pola Plataforma polo Dereito ao Aborto pedíase que o Valedor protexese "os dereitos democráticos que son inherentes á condición de muller galega" a través da emisión dun "para que o Goberno da Xunta de Galicia esixa, de forma urxente, a retirada inmediata deste anteproxecto de lei e, caso de prosperar a súa aprobación, interpoña recurso de inconstitucionalidade, por afectar e vulnerar os meus Dereitos Fundamentais e que constitucionalmente se me recoñecen".
Os recursos entregados foron trasladados ao Defensor del Pueblo, xustificando esta decisión no que a oficina do Valedor considera “unha maior e mellor operatividade na defensa dos seus intereses”
Nas últimas semanas comezaron a chegar as primeiras respostas aos escritos, nas que se comunica que os recursos entregados foron trasladados ao Defensor del Pueblo, xustificando esta decisión no que a oficina do Valedor considera “unha maior e mellor operatividade na defensa dos seus intereses”. En consecuencia a Plataforma polo Dereito ao Aborto acordou na Xuntanza Nacional celebrada en Compostela o pasado sábado, 3 de maio, dirixirse ao Valedor do Pobo para pedirlle unha reunión con carácter urxente para aclarar as razóns polas que os escritos foron derivados a outra instancia e cal é o proceso que van seguir a partir de agora.
Pilar Estévez dixo que as mulleres esperan que o Valedor "vele polos dereitos de todas as persoas", pois "todas temos que estar protexidas nos nosos dereitos e cando os nosos dereitos se incumpren, supoñemos que esta institución ten que facer o seu traballo"
Aquel 22 de febreiro, a coordinadora da Plataforma, Pilar Estévez, dixo que as mulleres esperan que o Valedor "vele polos dereitos de todas as persoas", pois "todas temos que estar protexidas nos nosos dereitos e cando os nosos dereitos se incumpren, supoñemos que esta institución ten que facer o seu traballo". O recurso de amparo presentado denuncia no seu texto que "o Goberno da Xunta de Galicia negouse en reiteradas ocasións a defender o meu dereito de igualdade e os dereitos humanos que me asisten como muller galega”, e basea a súa solicitude nun total de cinco alegacións.
O texto sinala que o anteproxectode lei promovido po Gallardón “adoece de vicios de inconstitucionalidade claros e manifestos, xa que afectan fundamentalmente ao principio de igualdade e non discriminación do artigo 14 da vixente Constitución Española” e, ademais, "supón un incumprimentos por parte do Reino de España dos tratados internacionais relativos a dereitos humanos e á non discriminación".