Espazo Ecosocialista esixe a saída da relixión do espazo público

Dominio Público Praza Pública

Con motivo da celebración da Semana Santa e no marco da reivindicación dun novo proceso constituínte, Espazo Ecosocialista denuncia "o parasitismo social da xerarquía da Igrexa Católica" e esixe a súa saída do espazo público. A formación integrada en AGE considera que "á marxe de como resolve internamente as súas propias contradicións a igrexa", á sociedade en xeral "débenos preocupar a intromisión coa que a igrexa católica ten actuado sobre a sociedade e sobre as decisións políticas dos gobernos".

Espazo Ecosocialista denuncia "o parasitismo social da xerarquía da Igrexa Católica" e esixe a súa saída do espazo público

Afirman que "agora que se pon en cuestión o modelo saído da transición, por ser un proceso tutelado polos chamados poderes facticos, non debemos esquecer que un deses poderes foi a xerarquía eclesiástica católica", que tivo "un papel importante na transición, impedindo un claro estado democrático laico, onde a separación de estado e relixión fora clara". Pola contra, consegrouse un estado aconfesional onde a igrexa católica "foi tratada con privilexios sociais e económicos consagrados no concordato entre o Reino de España e o Estado Vaticano".

Espazo Ecosocialista vai levar adiante diversas actuación públicas para concienciar á cidadanía "da inaceptable presenza da igrexa na sociedade" e para esixir dos poderes públicos modificacións legais e de practica política que limiten a influencia católica na praxe democrática. A formación promovera dúas campañas: Unha en favor da casilla para fines sociais e para que a xente non marque o x da igrexa na declaración da renda, e outra para que a xente non e que non matricule ós seus fillos e fillas na clase de relixión.

A formación promovera dúas campañas: Unha en favor da casilla para fines sociais e para que a xente non marque o x da igrexa na declaración da renda, e outra para que a xente non e que non matricule ós seus fillos e fillas na clase de relixión

Espazo Ecosocialista aposta por que a laicidade sexa un elemento fundamental deste novo proceso constituínte e unha defensa contra "a influencia, rozando o acoso, que exerce nos comportamentos cívicos e nos valores éticos dunha parte importante da poboación, claros en temas como o dereito ao aborto das mulleres o uno dereito a unha morte digna". Espazo Ecosocialista realiza unha serie de oito propostas concretas para avanzar cara a ese estado laico.

  1. Anulación do concordato entre o Estado Vaticano e o Reino de España.
  2. Plasmación do caracter laico do estado, e non so aconfesional, no novo proceso constituínte.
  3. Nova fase de desamortización que deixe na propiedade e xestión do estado todas as propiedades mobiliarias da igrexa.
  4. Eliminación da relixión no ensino de cara ao seu lugar natural: a catequeses nas igrexas.
  5. Eliminación da potestade concedida polo goberno de Aznar de que a igrexa poida reclamar como propio calquera finca ou edificio que non estea rexistrado, autoproclamándose a igrexa fedatario público.
  6. Eliminación dos cargos eclesiásticos en organismos públicos (exército, hospitais, etc.)
  7. Homologación do tratamento fiscal da igrexa como o de calquera outra empresa ou persoa. Eliminación de exencións existentes. Eliminación da casilla da igrexa na declaración do IRPF.
  8. Supresión nos medios de comunicación de caracter público do tratamento prioritario a retramisións de misas, procesións ou outros actos liturxicos.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.