Esquerda Unida presentará mocións na Coruña e Vigo para que a Igrexa pague o IBI

Parroquia castrense de San Andrés, na Coruña Dominio Público Praza Pública

A Igrexa Católica non paga o Imposto de Bens Inmobles que lle corresponderían aos seus edificios en virtude do acordo entre o Estado Español e o Vaticano de 1979. A Igrexa ten uns cen mil edificios e locais en España, polo que de non estar exenta, debería achegar ao redor de cinco millóns de euros cada anos ás administracións públicas. Mesmo en Italia o primeiro ministro Mario Monti propuxo abolir os privilexios fiscais da Igrexa, que eran mesmo maiores que os que aínda mantén en España.

En moitos concellos de toda España, como Miranda de Ebro, Zamora, Sevilla, Móstoles, Alcalá de Henares, León ou San Sebastián de los Reyes, veñen presentándose mocións nas últimas semanas para esixir que rematen estes privilexios

Este mércores Izquierda Unida presentou unha proposición non de lei que pedía "a desaparición dos beneficios fiscais da Igrexa Católica", entre eles a exención do IBI, así coma a supresión da asignación tributaria no IRPF e o recorte dun 20 por cento da súa asignación orzamentaria, para que a Igrexa "participe do esfuerzo colectivo necesario para superar a crise", segundo a coalición. A proposta contou co apoio de todos os grupos de esquerda, dende o PSOE até Amaiur, BNG e ERC, pero foi rexeitada cos votos en contra de PP, CiU e UPyD.

En moitos concellos de toda España, como Miranda de Ebro, Zamora, Sevilla, Móstoles, Alcalá de Henares, León ou San Sebastián de los Reyes, veñen presentándose mocións nas últimas semanas para esixir que rematen estes privilexios, ou cando menos encargáronse os necesarios informes xurídicos. A asociación Europa Laica, que hai unhas semanas iniciou unha recollida de sinaturas con ese fin, presentou tamén un modelo de moción, para que os grupos políticos as presenten nos plenos de cada Concello. 

Tamén na rede púxeronse en marcha varias campañas de recollida de apoios a estas propostas. A petición dirixida ao alcalde de Santiago roza xa as cincocentas sinaturas

En Galicia Esquerda Unida anunciou esta semana a presentación de senllas mocións en Vigo e na Coruña, que se debaterán nos vindeiros plenos municipais de cada cidade. De aprobárense, os concellos instarían a Congreso e Senado a que fixesen as necesarias modificacións na lexislación. As mocións piden que se realice un estudo que verifique cantas propiedades ten a Igrexa en cada concello e que a recadación que se obteña do cobre deste imposto revirta nun incremento do gasto social por parte dos gobernos municipais.

Tamén na rede púxeronse en marcha varias campañas de recollida de apoios a estas propostas. A petición dirixida ao alcalde de Santiago roza xa as cincocentas sinaturas, mentres que a realizada dende A Coruña aínda non chegou ás cen.

Imaxe da campaña posta en marcha en change.org © change.org
Parroquia castrense de San Andrés, na Coruña Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.