Este xoves preséntase a edición galega de eldiario.es

Redaccion de El Diario © 233grados.lainformacion.com

El Diario contará cunha edición galega a partir deste xoves, que será realizada pola redacción de praza.com. Deste xeito, eldiario.es ofrecerá cada dia información, opinión e análise da actualidade política, cultural e social galega. Galicia fará oír así a súa voz e porá de relevo as súas preocupacións e valores ante a audiencia de todo o Estado.

Praza manterá a súa especialización na cobertura da actualidade politica social e cultural galega, pero a maiores contará coa posibilidade de incorporar a información e sinaturas de opinión publicadas en El Diario, colaborando man a man cun proxecto co que compartimos obxectivos e visións sociais e profesionais. Comprometidos ambos coa defensa dos dereitos sociais e civís, do Estado do benestar e da pluralidade nacional do Estado, e comprometidos tamén cun xornalismo de calidade e de análise, libre e pegado aos movementos sociais. Dous proxectos de xornalismo dixital que exploran os novos formatosas novas formas de facer información na rede e os camiños para facelo viable.

O acto terá lugar este xoves 4 de outubro ás 18.30 na Aula 0 da Facultade de Xornalismo da USC

Na presentación participará Ignacio Escolar, director de eldiario.es, o xornalista Gonzalo Cortizo e e Marcos Pérez, director de praza.com. O acto terá un amplo espazo para a conversa e o debate sobre a actualidade e sobre o presente e futuro do xornalismo e os medios. O acto terá lugar este xoves 4 de outubro ás 18.30 na Aula 0 da Facultade de Xornalismo da USC.

 

El Diario

El Diario está centrado na información política, social, e económica, especialmente preocupado polo medio ambiente, a xustiza social e os dereitos humanos. Eldiario.es está editado por una sociedad limitada: Diario de Prensa Digital S.L. E máis do 50% desta empresa está en manos de persoas que traballan diariamente na redacción. Como salienta Ignacio Escolar, o seu director, "somos xornalistas que nos convertemos en empresarios para mercar a nosa liberdade". Segundo Escolar, "queremos reivindicar os vellos valores do noso oficio, o xornalismo, que vive hoxe un momento crucial: nunca antes fora tan necesario para os cidadáns e nunca antes fora tan débil ante o poder" e engade que o periodismo é "un oficio que non pode ser un hobby, pero que tampouco é un negocio máis".

El Diario está centrado na información política, social, e económica, especialmente preocupado polo medio ambiente, a xustiza social e os dereitos humanos

Escolar dirixe unha redacción reducida, que non chega a unha ducia de xornalistas, entre os que destacan Juan Luis Sánchez, Iñigo Sáenz de Ugarte, Andrés Gil, Luz Sanchis, Gonzalo Cortizo, Belén Carreño, Fèlix Martínez e Olga Rodríguez, que é ademais a Defensora do Lector. Tamén están outros redactores como Héctor Juanatey, Ana Requena ou Elena Cabrera. Tamén as viñetas de Fontdevila e Vergara. Ou as sinaturas habituais de Rosa María Artal, Carlos Elordi, Rafael Reig, Javier Gallego 'Crudo', Isaac Rosa, Antonio Orejudo, Javier Vizcaíno, Amador Fernández Savater ou Guillermo Zapata.

Redaccion de El Diario © 233grados.lainformacion.com

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.